Unidade Mixta de Gas Renovable2018-10-22T16:24:07+00:00

UNIDADE MIXTA DE GAS RENOVABLE

En decembro de 2016 arrancou o proxecto conxunto entre Edar Bens SA, Naturgy y EnergyLab para poñer en marcha nas instalacións da depuradora de Bens a primeira Unidade Mixta de Gas Renovable obtido a partir de augas residuais urbanas de Galicia.

O tratamento e depuración das augas residuais urbanas para a súa devolución ao mar inclúe un proceso de dixestión anaerobia durante o cal, en ausencia de oxíxeno e grazas á acción de bacterias orgánicas específicas, xérase biometano.

biometano é unha alternativa enerxética aos combustibles fósiles cada vez máis demandada e xa se utiliza en moitos países europeos mediante a súa inxección á rede de gas natural para o seu uso en fogares e industrias ou como combustible para vehículos. Ademais, o dióxido de carbono (CO2) que emite o biometano é de orixe renovable, polo que o seu impacto no efecto invernadoiro é practicamente nulo.

Edar Bens SA xa utilizaba con anterioridade o biometano para as súas propias instalacións. Cada día prodúcense 10.000 m3 de biometano e un 80% emprégase na depuradora de Bens mediante un sistema de coxeración eléctrica. O 20% restante (2.000 m3/día) elimínase. Inxectar o biometano na rede de gas natural supón un aproveitamento máis eficiente que nos motores de coxeración.

A Unidade Mixta incrementa a eficacia do uso deste biometano procedente do tratamento das augas residuais urbanas que se realiza en Edar Bens SA, co obxectivo de alcanzar o 100% de xeración de enerxía útil. Para iso necesitase tratar o biogás co fin de separar o metano (CH4) do resto dos compoñentes: dióxido de carbono (CO2) e ácido sulfhídrico (H2S) entre outros. Só un metano completamente limpo pode ter aplicacións en mobilidade ou inxectarse nunha rede existente de gas natural.

Para logralo, en Edar Bens SA puxéronse en marcha as seguintes actuacións:

  • Instalación dun equipo de lavado de biogás co fin de purificalo e preparalo para introducilo na rede de gas natural.
  • Instalación dunha gasinera para subministrar o biometano comprimido e en formato líquido a vehículos.

A produción de biometano nas instalacións de Edar Bens SA pode alcanzar os 100 m3/h de biometano, un volume cuxo uso en mobilidade serviría para:

  • 75 vehículos lixeiros cunha autonomía diaria de 100 km.
  • 8 autobuses urbanos cunha autonomía diaria completa.

Pola súa parte, a inxección de 50 m3/h na rede de gas natural cubriría o gasto enerxético de 360 fogares/ano.

edar-bens-gas-renovable-autobus

Autobús mobido mediante biometano.

Gasinera.

Instalación de lavado de biogás.

Facho e gasómetro. / Antorcha y gasómetro.

Gasómetro e antorcha.

Ver outros proxectos de I+D+i

A Axencia Galega da Innovación (GAIN) publica o 21 de xullo de 2016 a convocatoria para a creación, posta en marcha e consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificadas na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, dentro do eixe 1 «Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación».

Con esta liña de actuación preténdese incrementar o número de unidades mixtas en Galicia mediante convocatorias específicas de apoio á súa creación, posta en marcha e impulso das xa existentes, con vistas a conseguir os seguintes obxectivos:

  • Configurar grupos mixtos de traballo entre organismos de investigación e empresas que se convertan en catalizadores do desenvolvemento de liñas de I+D+i.
  • Desenvolver proxectos de alto impacto intensivos en coñecemento.
  • Posta en valor dos grupos de investigación.
  • Aproximar os organismos de investigación á empresa.
  • Atraer a Galicia liñas de I+D+i.
  • Incentivar a transferencia de resultados da I+D+i ao mercado.

Estas axudas están en consonancia cos retos estratéxicos contidos na RIS3 Galicia e tamén co esquema da Unión Europea reflectido no Programa marco de investigación, desenvolvemento e innovación Horizonte 2020 co fin de procurar, a medio e longo prazo, a obtención de retornos sociais.

Neste sentido, o 14 de decembro de 2016, a Axencia Galega de Innovación aprobou un proxecto conxunto de Gas Natural Fenosa S.D.G, Gas Natural Fenosa Engineering e EnergyLab para poñer en marcha unha nova Unidade Mixta de Gas Renovable nas instalacións da empresa pública supramunicipal Edar Bens SA, que ten encomendado o servizo de depuración de augas residuais dos concellos da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros.

O proxecto investigará os procesos de produción de biometano (Gas Renovable) no sector das EDAR urbanas e EDAR de industrias alimentarias, así como as posibilidades da súa inxección á rede, as súas aplicacións en mobilidade urbana e a recuperación enerxética a través do aproveitamento térmico das perdas xeradas na combustión do biogás.

EnergyLab, Gas Natural Fenosa S.D.G. e Gas Natural Fenosa Engineering traballarán ata o ano 2019 nas plantas piloto situadas na depuradora de Bens. A Unidade Mixta permitirá avanzar no desenvolvemento da bioeconomía e economía circular no sector do tratamento de residuos, poñendo a Galicia como unha rexión europea de referencia na produción, optimización, metanización e aplicación do Gas Natural Renovable como novo vector enerxético.

Os obxectivos específicos do proxecto, tanto técnicos como de I+D+i, son:

  • Mellorar a produción de biogás.
  • Mellorar a produción de biometano (purificación do biogás).
  • Definición, optimización e implementación da inxección á rede.
  • Análise, optimización e validación do uso de biogás e biometano como combustible (dedicado e dual) na flota urbana (utilitario/furgoneta, camión, autobús).
  • Incremento da eficiencia do uso de biogás e biometano mediante sistemas de recuperación de calor (ORC, microcoxeración).