Loading...
Un proxecto colectivo2018-10-17T12:28:16+00:00

A PRIMEIRA EMPRESA SUPRAMUNICIPAL DE GALICIA

A empresa pública Edar Bens SA ten encomendado o servizo de depuración de augas residuais dos concellos da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros. Os cinco municipios xestionan de forma conxunta esta tarefa esencial para os cidadáns, conforme a criterios de sustentabilidade, respecto ao medio e optimización de custos, co obxectivo de ofrecer un servizo público de calidade aos máis de 400.000 habitantes da área metropolitana.

Un compromiso compartido

O 4 de decembro de 2013, os alcaldes dos municipios da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros asinan na sede do Concello da Coruña a incorporación á empresa pública Edar Bens SA, co fin de xestionar de xeito conxunto a depuración das augas residuais dos cinco concellos.

Desta forma, Edar Bens SA convértese na primeira empresa supramunicipal de Galicia, froito do consenso entre cinco concellos de distinta cor política, coa misión de ofrecer a unha poboación que suma máis de 400.000 habitantes un servizo público de calidade realizado conforme a criterios de sustentabilidade, optimización de custos e respecto ao medio.

Edar bens accionariado
edar bens habitantes

Un compromiso co medio

Edar Bens SA xestiona máis de medio centenar de instalacións entre estacións de bombeo, estacións de aforo, tanques de tormenta e cinco depuradoras para dar servizo á cidade da Coruña e aos catro municiios da súa área metropolitana. A depuradora máis importante é a EDAR de Bens. Deseñada coa tecnoloxía máis avanzada, a EDAR trata e depura cada día 130.000 metros cúbicos de augas residuais procedentes dos fogares e a industria da área metropolitana da Coruña para que poidan ser devoltas ao mar restablecendo o equilibrio ecolóxico. A EDAR opera conforme a criterios de sustentabilidade e utiliza para abastecerse parcialmente de enerxía eléctrica o biogás xerado durante o proceso de dixestión da lama.

A posta en marcha da EDAR supón o cumprimento das esixencias da Unión Europea en materia de depuración de augas residuais. Co seu funcionamento, contribúese de xeito activo á protección e conservación do medio, ao uso sustentable dos recursos naturais e ao respecto ao medio mariño, un elemento chave para a economía de Galicia.

As instalacións actuais están preparadas para asumir o crecemento urbano dos cinco municipios que comparten a súa xestión e poden chegar a dar servizo aos 600.000 habitantes que terá a área metropolitana coruñesa no ano 2030.

Un compromiso ciudadán

Dende a súa creación, a empresa supramunicipal Edar Bens SA aposta polo compromiso cos cidadáns e a divulgación de boas prácticas para a protección do medio. A concienciación dos usuarios e a súa colaboración é chave para un mellor funcionamento dos servizos públicos, un uso racional dos recursos e unha xestión máis eficaz.

Dende unha vocación de transparencia na prestación de servizos, a empresa supramunicipal Edar Bens SA pon a disposición dos usuarios unha canle de comunicación para atender as súas preguntas e suxestións, e programa visitas guiadas á planta de Bens para coñecer mellor o proceso de depuración. Dende o 2014 programa visitas guiadas á pranta de Bens para que escolares, asociacións e cidadáns podan coñecer mellor o proceso de depuración.

Ademais, dende Edar Bens SA póñense en marcha distintas iniciativas sociais, educativas e de investigación destinadas a afondar no compromiso da planta coa sociedade.

Web. www.coruna.gal

Superficie. 37,83 km2
Número de habitantes.246.000
Alcalde. Xulio Ferreiro (Marea Atlántica)

Membros do Consello de Administración de Edar Bens

  • Xulio Ferreiro Baamonde (Alcalde)
  • María García Gómez (1ª Tenente de Alcalde)
  • Enrique Salvador de Diego (Concelleiro)
  • María Luisa Cid Castro (Concelleira)
  • Pilar Neira Martínez (Concelleira)

Web. www.arteixo.org

Superficie. 93,50 km2
Número de habitantes. 31.005
Alcalde. Carlos Calvelo (PP)

Membros do Consello de Administración de Edar Bens

  • José Ramón Amado de la Fuente (1er Tenente de Alcalde)

Web. www.cambre.org

Superficie. 41 km2
Número de habitantes.
 23.600
Alcalde.
Óscar García Patiño (UxC)

Membros do Consello de Administración de Edar Bens

  • Juan González Leirós (2º Tenente de Alcalde)

Web. www.culleredo.es

Superficie. 62,50 km2
Número de habitantes. 31.534
Alcalde. José Ramón Rioboo Castro (PSOE)

Membros do Consello de Administración de Edar Bens

  • José Ramón Rioboo Castro (Alcalde)

Web. www.oleiros.org

Superficie. 43,87 km2
Número de habitantes. 33.700
Alcalde. Ángel García Seoane (Alternativa dos Veciños)

Membros do Consello de Administración de Edar Bens

  • María José Varela Neira (1ª Tenente de Alcalde)