Segunda visita do IES David Buján á planta depuradora

A Coruña, 14 de novembro de 2017. Un segundo grupo de 30 alumnos do IES David Buján visitou esta mañá a planta depuradora de Edar Bens SA. Acompañados dos seus titores, os estudantes recorreron as instalación para comprender mellor o papel da depuradora na área metropolitana da Coruña.

Os responsables de cada departamento da planta explicáronlles o funcionamento da depuradora e a importancia de clasificar ben os residuos nos fogares. Como recordo da visita, os mozos levaron unha camiseta e un folleto didáctico de Edar Bens SA para conciencialos sobre a importancia de protexer o medio ambiente.

Visita a EDAR BENS – 14 de novembro de 2017

2018-10-17T17:22:58+01:0014/11/2017|Visitas|0 comentarios