Primeiro aniversario do autobús a gas renovable producido nas instalacións de Edar Bens SA

O autobús a gas renovable producido nas instalacións de Edar Bens SA cumpre un ano de funcionamento. O vehículo da empresa Cal Pita forma parte do proxecto piloto, Unidade Mixta de Gas Renovable, desenvolvido en colaboración con Naturgy e Energy Lab.

Así durante este ano, utilizouse o biometano nun autobús interurbano, na furgoneta da Asociación Mulleres Colleiteiras, que recollen por A Coruña e comarca o aceite usado para a súa reciclaxe, e en tres vehículos propios da Edar Bens.

O diario El Correo Gallego fíxose eco do primeiro aniversario de funcionamento do autobús interurbano que se move grazas ao gas renovable obtido no proceso de depuración de augas residuais.

Biometano para los buses públicos, proyecto pionero de la Edar de Bens. (El Correo Gallego)

2020-04-01T17:39:59+01:0030/12/2019|Actualidade|Comentarios desactivados en Primeiro aniversario do autobús a gas renovable producido nas instalacións de Edar Bens SA