Oval Pipe II2018-10-18T12:27:05+01:00

OVAL PIPE II

Segunda fase do proxecto Oval Pipe, que desenvolve e optimiza os resultados obtidos polo proxecto inicial, en especial a produción das tubaxes ovoides que melloran a eficacia da rede do sumidoiro.

Oval Pipe II é a segunda fase do proxecto FEDER-Innterconecta iniciado en 2013 que desenvolve tubaxes ovoides para a mellora da eficiencia nas redes de sumidoiro. Nesta nova etapa, na produción das tubaxes substituíse a metodoloxía de inxección pola extrusión, o que ofrece vantaxes de continuidade na fabricación, a posibilidade de obter diferentes diámetros e a mellora de propiedades pola modificación do espesor, así como o desenvolvemento de sistemas de unión para tubos ovoides e de estes cos tubos circulares que se empreguen habitualmente.

As actividades desenvolvidas polo Grupo de Enxeñaría da Auga e do Medio Ambiente neste proxecto lévanse a cabo na Plataforma de ensaios para conducións coa auga residual urbana na EDAR de Bens, e no Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC) da UDC. Descarga o póster do proyecto.

oval-pipe-2
Ver outros proxectos de I+D+i