O proxecto da planta de tratamento de Edar Bens para rastrexar a dinámica epidémica na Coruña e a súa área metropolitana serviu para desenvolver modelos matemáticos a partir da carga viral atopada nas augas residuais e das cifras epidemiolóxicas do sistema sanitario.

Este modelo permitiu unha estimación que rolda unha fiabilidade do 90% do número de infectados (con e sen síntomas), e por tanto, axuda a comprender a incidencia real da pandemia nesta poboación de 369.098 habitantes.

Varios medios fixéronse eco deste proxecto que pode servir como ferramenta eficaz de alerta temprana para predicir rebrotes. Máis información: