Os lodos da Edar Bens son a base de recuperación de solos quemados

edar-bens-tecnosuelos

Life Reforest ten por obxectivo desenvolver tecnosoles a través de residuos orgánicos e especies fúnxicas para mitigar a perda de solo asociada aos incendios forestais. Deste xeito, evítase a erosión e créase a base para a rexeneración da flora en ecosistemas queimados.

Os lodos procedentes da depuradora da Coruña convírtense na base de recuperación de solos queimados por incendios forestais, no marco deste proxecto europeo no que participa a empresa Tratamentos Ecolóxicos do Noroeste, xunto con outras entidades de Galicia e Portugal.

Esta empresa valoriza cada ano aproximadamente 22.000 toneladas de lodos para o seu tratamento e conversión en abono orgánico e tecnosolos procedentes das depuradoras dos municipios da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros.

Precisamente, este venres, o director xeral da EDAR Bens, Carlos Lamora, visitou as instalacións da firma ubicada en Touro para coñecer o proceso de transformación.

Máis información:

Los lodos de la depuradora de A Coruña se convierten en la base de recuperación de suelos quemados. (Europa Press)

2019-03-27T13:01:23+01:0001/03/2019|Actualidade|0 comentarios