Os galardóns ‘Juntas por el Clima’ premian a Mulleres Colleiteiras

O proxecto de recollida e reciclaxe de aceite doméstico usado recibe un accésit nesta primeira edición.

Os premios Juntas por el Clima -que convoca Lateuaterra.com, primeira plataforma de crowdfunding dedicada a proxectos de mellora ambiental- outorgaron un accésit a Mulleres Colleiteiras, a cooperativa dedicada á recollida e reciclaxe de aceite doméstico usado impulsada por Arquitectura sin Fronteras e que ten o apoio de Edar Bens SA desde a súa creación no ano 2013.

O grupo de mulleres comezou recollendo aceite en Monte Alto e Os Rosais e agora, cinco anos máis tarde contan con contedores laranxas por toda A Coruña e unha nave en Oleiros para a valorización do aceite. A súa actividade continúa crecendo mentres evitan que este residuo chegue á depuradora ou ao mar.

Máis información: 

Mulleres Colleiteiras recibe un galardón por su defensa del medio ambiente. (La Opinión A Coruña)

2019-03-18T13:31:03+01:0009/03/2019|Actualidade|0 comentarios