Os enxeñeiros industriais de Galicia premian o proxecto de xeración de gas renovable que se desenvolve en Edar Bens SA

O proxecto Unidade Mixta Gas Natural Renovable, impulsado por Naturgy e EnergyLab, foi galardoado na sétima edición dos Premios Galicia de Enerxía pola posta en marcha do piloto para a xeración de biometano a partir do biogás que se produce no proceso de depuración de augas residuais. O proxecto conta coa participación da EDAR Bens S.A., empresa pública supramunicipal que presta servizo na área metropolitana de A Coruña,  teñen dúas liñas prioritarias de traballo: a inxección a rede do gas renovable e o seu uso como combustible na mobilidade sostible.

O traballo realizado pola Unidade Mixta de Gas Renovable fixo posible o funcionamento dun autobús de liña regular durante case 100.000 quilómetros.  Co potencial de produción de gas renovable de la EDAR Bens S.A., unha vez inxectado á rede de gas, poderíanse cubrir as necesidades enerxéticas anuais de cerca de 2.800 vivendas. En canto ao seu uso en mobilidade, xeraríase o combustible suficiente como para abastecer durante un ano a unha flota de 3.000 turismos ou de máis de 60 autobuses urbanos dedicados.

A Unidade Mixta de Gas Renovable é un proxecto conxunto de Naturgy, o Centro Tecnolóxico EnergyLab e Edar Bens S.A., e conta coa financiación da Unión Europea no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 e está cofinanciada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia.

Os Premios Galicia de Enerxía, concedidos pola Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia (AIIG), en colaboración co Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), recoñecen cada ano ás mellores traxectorias e proxectos no fomento e implantación de boas prácticas no campo da enerxía, así como as contribucións realizadas polos profesionais ou entidades.

O gas natural renovable, alternativa para combater o cambio climático

A creación da Unidade Mixta de Gas Renovable responde ao compromiso de Naturgy coa transición enerxética e a loita contra o cambio climático e o deterioro medioambiental. A compañía enerxética participa en varios proxectos para potenciar o gas natural renovable. O gas renovable é unha enerxía que se obtén de residuos orgánicos e que pode ser transportada facilmente, o que permite usala en zonas afastadas da zona de produción. Ademais, o gas natural renovable poderá contribuír á descarbonización do sector de mobilidade.

Outra das vantaxes deste combustible é a súa contribución á loita contra o  cambio climático ao formar parte da coñecida como “economía circular”. Así, realizase unha xestión eficiente dos recursos e posibilitase a produción, distribución e consumo de gas autóctono, desenvolvendo a economía local.

2020-06-19T16:23:19+01:0017/06/2020|Actualidade|Comentarios desactivados en Os enxeñeiros industriais de Galicia premian o proxecto de xeración de gas renovable que se desenvolve en Edar Bens SA