Os alumnos do Rafael Dieste súmanse ás visitas didácticas da Edar Bens

A Coruña, 11 de abril de 2019. Esta mañá un grupo alumnos da rama científica de 4º de ESO do IES Rafael Dieste participou no programa de visitas didácticas posto en marcha por Edar Bens SA.

Os mozos, acompañados polo seu docente, mostraron o seu interese polo funcionamento do ciclo urbano da auga, polas boas prácticas no uso da auga e pola protección do medio ambiente. Os estudantes completaron o seu percorrido polas instalacións, onde os responsables dos diferentes departamentos explicáronlles o funcionamento da planta depuradora.visita-edar-bens-ies-rafael-diesteVisita a EDAR BENS – 11 de abril de 2019

 

 

 

2019-04-15T18:04:04+01:0011/04/2019|Visitas|0 comentarios