O programa ‘Eu colaboro coa Edar’ participa no campamento de verán da UDC

A Coruña, 5 de xullo de 2019. Esta mañá, unha educadora de Edar Bens SA participou no campamento ‘Verán cultural na UDC: Descobre a natureza que che rodea’ para sensibilizar á rapaza de entre 4 e 12 anos sobre o uso responsable da auga e a xestión eficaz dos residuos urbanos.

A rapazada coñeceron o funcionamento da depuradora de augas residuais e o seu papel na área metropolitana da Coruña. Para rematar a sesión, participaron nun pequeno experimento, que consistía en limpar un litro de auga para coñecer que tipo de residuos non se poden verter polo inodoro ou pola pía da cociña.

‘Eu colaboro coa Edar’ é unha das iniciativas de colaboración cidadá e protección do medio ambiente posta en marcha por Edar Bens Sa. Os centros educativos interesados en participar neste proxecto poden acceder a estes dous enlaces para consultar o programa didáctico ou solicitar una visita.

Programa ‘Eu colaboro coa Edar’ – 5 de xullo de 2019

2019-07-08T10:16:04+01:0005/07/2019|Visitas|Comentarios desactivados en O programa ‘Eu colaboro coa Edar’ participa no campamento de verán da UDC