O primeiro autobús público movido con biometano de España comeza a circular na Coruña

biometano-bus-edar-bens

O gas biometano producido durante o proceso de depuración das augas residuais da EDAR Bens da Coruña comezou a mover esta semana o primeiro autobús público que funciona con gas natural renovable en toda España.

O autobús, da compañía Cal Pita, cubrirá a ruta que une as paradas da Coruña, Perillo, San Pedro, O Carballo, Osedo e Sada. Trátase dun vehículo que realiza unha media de 80.000 kilómetros anuais, polo que supón a disminución de toneladas de contaminación ao ano.

A tecnoloxía que move este vehículo foi desenvolvida grazas á colaboración de EDAR Bens, Naturgy e o Centro Tecnolóxico EnergyLab; e trátase dun exemplo da viabilidade do modelo de economía circular. Este proxecto pionero asegura o suministro de materia prima constante, o aforro económico e tamén a disminución de CO2 emitido á atmosfera.

“Este proxecto xurdiu porque nos sobraban 100 metros cúbicos na EDAR Bens. Xeramos 450 metros cúbicos de gas á hora, unha parte a utilizamos para as instalacións e outra parte para os biodixestores”, sinalou o director xeral de Edar Bens SA, Carlos Lamora. A meta para este ano é lograr inxectar este biogás na rede de suministro para que chegue ás vivendas.

Máis información:

De Bens al futuro: viaje en el primer autobús público de España que se mueve con fecales (La Opinión A Coruña)

El primer bus con biometano de la depuradora de Bens, listo para circular (Cadena SER)

2019-02-28T16:39:12+01:0021/02/2019|Actualidade|0 comentarios