A Coruña, 20 de abril de 2022. Hoxe a Edar Bens recibiu unha nova visita. Esta vez foi a quenda dos 19 alumnos que compoñen as outras clases de 4º ESO e 2º Bacharelato do IES Eusebio da Garda.

O programa volveuse a desenvolver nas instalacións, incluíndo a visita pola planta, e foi impartido polos profesionais da Edar. Os estudantes puideron coñecer de primeira man o funcionamento da planta e voltaron a casa con novos coñecementos sobre o coidado do medio ambiente a través do uso sostible da auga.

IES Eusebio da Guarda