O director xeral de Edar Bens SA participa nun seminario sobre contaminantes emerxentes e persistentes na UDC

A presencia de contaminantes emerxentes e persistentes nas augas residuais foi no se que se centrou o  relatorio realizado polo director xeral de Edar Bens SA, Carlos Lamora, no seu seminario organizado polo Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil  (CITEEC) na Universidade da Coruña.

Os contaminantes emerxentes (COEs) son substancias orixinadas pola actividade humana, detectadas grazas ás novas tecnoloxías e sobre os que aínda se descoñecen os posibles efectos sobre os seres vivos e o medio natural: fármacos, pesticidas, hormonas e produtos de coidado e de hixiene persoal; así como colorantes téxtiles de diversos oríxes: urbano, rural e industrial. A maioría dos COEs son, ademais, persistentes. É dicir, resisten con éxito os procesos tradicionais de tratamento de augas e, como consecuencia, estanse acumulando no medio  bioacumulando nos seres vivos.

2019-12-05T09:52:26+01:0003/12/2019|Actualidade|Comentarios desactivados en O director xeral de Edar Bens SA participa nun seminario sobre contaminantes emerxentes e persistentes na UDC