O director xeral de Edar Bens SA participa na Xornada sobre Modelos Innovadores de Aproveitamento de Recursos da UDC

O director xeral de Edar Bens SA, Carlos Lamora, foi un dos ponentes da Xornada sobre Modelos Innovadores de Aproveitamento de Recursos celebrada hoxe, 25 de novembro, pola cátedra de desenvolvemento sostible da UDC co respaldo da empresa Hijos de Rivera. No seu relatorio, o máximo responsable da empresa de depuración de augas residuais da Coruña e a súa área metropolitana desengraeceu algúns dos proxectos de economía circular que se levan a cabo nas instalacións de Edar Bens SA, en especial o que consegue optimizar o biometano xerado no proceso de depuración para a súa utilización como combustible para vehículos a gas e que dará un paso máis nos próximos meses coa inxección é rede para o seu uso nos fogares.

2019-12-02T19:36:18+01:0025/11/2019|Actualidade|Comentarios desactivados en O director xeral de Edar Bens SA participa na Xornada sobre Modelos Innovadores de Aproveitamento de Recursos da UDC