Loading...
O ciclo da auga2018-10-19T20:08:55+00:00

QUE É O CICLO URBANO DA AUGA?

O ciclo urbano da auga abrangue todos os procesos dende a súa captación na natureza ata a súa devolución ao medio natural unha vez utilizada nos fogares e as industrias. As distintas instalacións que xestiona Edar Bens SA na Coruña e a súa área de influencia -depuradoras, bombeos, estacións de aforo e tanques de tormenta- son claves para o almacenamento, conducción, tratamento e saída ao mar das augas residuais, un servizo público esencial que debe realizarse con eficacia, equilibrio de custes e mantendo o equilibrio ecolóxico e a protección da fauna mariña da nosa costa.

QUE ETAPAS TEN?

A auga que utiliza A Coruña e o seu contorno almacénase no pantano de Cecebre, ao que abastecen os ríos Mero e Barcés. Dende o encoro regúlase o caudal do río que leva a auga ata a instalación que a converterá en apta para o consumo humano.

Na ETAP da Telva lévanse a cabo os distintos procesos necesarios para a potabilización da auga: captación dende o río, desbaste dos elementos máis grosos que carrexa a auxa (ramas, follas…), decantación, filtración para unha clarificación perfecta da auga e finalmente cloración, para facela apta para o consumo humano.

A través deste conxunto de canalizacións e elementos de control trasládase a auga dende a ETAP ata os depósitos situados nos distintos concellos da área metropolitana.

Son o conxunto de canalizacións e outros elementos que partindo do depósito da auga chegan ata as acometidas domiciliarias.

Conxunto de canalizacións e outros elementos que permitan a evacuación das augas residuais, unha vez utilizadas nos fogares e nas industrias, ata as instalacións de depuración.

Nas Edar trátase e depúrase a auga residual para devolvela ao mar.

O CICLO DA AUGA