Mulleres Colleiteiras recolle en 2018 case 100.000 quilos de aceite usado, un 65% máis que o ano pasado

 

firma-convenio-mulleres-colleiteiras-2019

A iniciativa Mulleres Colleiteiras aumentou nun 65% en 2018 a cantidade de aceite usado recollido na Coruña para a súa valorización e reutilización como combustible. En total, o proxecto promovido por Arquitectura sin Fronteras e que conta co apoio de Edar Bens SA, recolleu en 2018 un total de 99.698 quilos de aceite vexetal usado -98.188 quilos na Coruña e 1.510 quilos en Arteixo- fronte aos 60.824 quilos recuperados en 2017. Ademais, nos últimos tres meses de 2018 foron recollidos máis de 10.000 quilos mensuais, o que marca unha tendencia moi positiva respecto á colaboración dos cidadáns ao desbotar este residuo altamente contaminante.

Mulleres Colleiteiras recolle en A Coruña, Arteixo y varios puntos de Oleiros, Cambre y Ferrol o aceite para a súa valorización e reutilización tanto de puntos públicos situados principalmente en escolas, institutos e centros cívicos; privados, principalmente establecementos de hostalaría; e nos contedores laranxas que Mulleres Colleiteiras teñen en toda a cidade.

O aceite usado, unha vez limpo, véndese a unha empresa externa para o seu uso, pero Mulleres Colleiteiras está traballando para completar o proceso nas súas propias instalacións e reutilizar o aceite a nivel local, para calefaccións de escolas e outros organismos públicos.

Recentemente, Edar Bens SA renovou o seu convenio de colaboración con este proxecto que ofrece ás mulleres en risco de exclusión a posibilidade de ter un emprego mentres colaboran coa reciclaxe dun residuo perigoso e difícil de eliminar como é o aceite usado. Ademais, Edar Bens SA está transformando a furgoneta utilizada por Mulleres Colleiteiras para facela funcionar co biometano obtido durante o proceso de tratamento de augas residuais da Coruña e a súa contorna. Deste xeito, o vehículo co que as Mulleres Colleiteiras recollen o aceite usado tamén funcionará tamén con enerxías renovables.

Máis información:

“Mulleres Colleiteiras recogen en 2018 casi 100.000 kilos de aceite para reciclar”

Mulleres Colleiteiras recogió cien toneladas de aceite usado, un 65% más que en 2017

2019-01-18T12:23:11+01:0018/01/2019|Actualidade|0 comentarios