A Coruña, 15 de xuño de 2022. Un grupo de xubilados de Telefónica acudiu ás instalacións da Edar Bens, onde puideron coñecer en profundidade a importante labor que se leva a cabo na empresa supramunicipal.

En primeiro lugar, recibiron unha charla informativa sobre como funciona a rede de sumidoiros e a depuración da auga, así como as investigacións que se realizan na Edar Bens. Tamén se animou aos visitantes a colaborar coa organización mediante pequenos xestos como pode ser o apoio á iniciativa RecollEdar.

Tras isto, puideron comprobar de primeira man este proceso cunha visita guiada polas diferentes fases do tratamento das augas residuais.

Grupo-Telefónica-Edar-Bens

Grupo-Telefónica-Edar-Bens

Grupo-Telefónica-Edar-Bens