A Coruña, 17 de febreiro de 2020. Os estudantes de 4ºESO do IES A Sardiñeira recorreron esta mañá as instalación da planta depuradora de Edar Bens.

Os responsables de cada departamento explicáronlles o papel da depuradora na área metropolitana da Coruña, así como os procesos químicos levados a cabo nela e insistiron na importancia dunha boa xestión dos residuos domésticos.