A Coruña, 18 de maio de 2022. Continuando coa serie de visitas que ten programadas para o actual mes de maio, un grupo de estudantes do CPR Maristas da Coruña acudiu á Edar Bens para coñecer en primeira persoa os procesos de depuración da auga.

Ademais dunha presentación sobre todas as funcións que se levan a cabo na Edar Bens, así como unha visita polos diferentes procesos da depuradora, os alumnos e alumnas levaron documentación informativa coa que completarán un traballo sobre a agua que están realizando actualmente.

maristas-mayo

maristas-mayo

3-maristas-mayo