A Coruña, 25 de maio de 2022. Alumnado da ESO do CPR Maristas da Coruña acudiu á Edar Bens para coñecer en primeira persoa a labor que se realiza na planta de depuración de auga que dá servizo aos concellos da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros.

De esta forma, os estudantes aprenderon como se xestionan os residuos e como se trata, analiza e finalmente, cando as condicións son óptimas, a auga se devolve ao mar con garantías de sostibilidade. Ademais, para complementar esta aprendizaxe, tamén se levou a cabo unha visita guiada polos diferentes procesos que posibilitan a depuración da auga.

Esta foi a quinta e última visita á Edar Bens que tiña programado o CPR Maristas para o presente mes de maio, coas que apostaron por dar a coñecer o traballo da empresa supramunicipal e a importancia da colaboración da cidadanía para acadar unha maior eficiencia na depuración de auga.

maristas-25-mayo

maristas-25-mayo-2

maristas-25-mayo-1