O director xeral de Edar Bens SA participa nunha xornada sobre economía circular en Valencia

edar-bens-economia-circular-valencia

Carlos Lamora, máximo responsable de Edar Bens SA, participou a semana pasada nunha mesa redonda organizada polo diario Las Provincias y NEDGIA Cegas na que expertos en sostenibilidade, gas natural, economía circular e innovación debatiron sobre as posibilidades de transformación dos residuos en enerxía.

O director xeral de Edar Bens presentou o proxecto da Unidade Mixta de Gas Renovable que se está desenvolvendo na depuradora de Bens en colaboración con Naturgy e Energy Lab.

Lamora destacou que a produción de biogás a partir da oxidación dos residuos se realiza na planta para poder empregalo no transporte e así favorecer unha mobilidade sostible. “En Galicia xa funciona algún autobús con este tipo de gas e a idea está a ser moi interesante e ben recibida polo sector do transporte porque ademais, vai servir para activar o modelo de economía circular, que creo que é ao que deberíamos orientar os nosos pasos”.

Máis información:

“Transformar residuos en energía” (Las Provincias)

 

2019-01-21T13:54:16+01:0021/01/2019|Actualidade|0 comentarios