Edar Bens SA recibe a visita de alumnos do IES David Buján de Cambre

A Coruña, 5 de novembro de 2019. Os alumnos do IES David Buján de Cambre achegáronse esta mañá ás instalacións de Edar Bens SA en A Coruña. O grupo puido descubrir como é o funcionamento da depuradora e amosou interés no servizo que presta na área metropolitana de A Coruña.

Os alumnos de 3º da ESO percorreron as instalacións xunto cos técnicos responsables dos diferentes departamentos da pranta para coñecer mellor o funcionamento da depuradora e os servizos de tratamento que oferta á cidade de A Coruña.

2019-12-04T12:49:11+01:0005/11/2019|Visitas|Comentarios desactivados en Edar Bens SA recibe a visita de alumnos do IES David Buján de Cambre