Edar Bens SA, protagonista do Circularweekend Coruña 2019

A Edar de Bens, unha biorefinería ao servizo da economía circular foi o título do relatorio do director xeral de Edar Bens SA, Carlos Lamora, durante o Circularweekend, o encontro nacional de innovación deseñado para lanzar novas ideas e proxectos de economía circular, axudar a emprendedores, empresas e cidades a circularizar os seus modelos de negocio ou xestión e dar visibilidade a exemplos reais de proxectos e empresas circulares que sirvan de modelo a seguir. O encontro, celebrado co respaldo do Concello da Coruña, Bankinter e Mapfre, o responsable de Edar Bens SA explicou o traballo que se está levando a cabo na depuradora de Bens coa Unidade Mixta de Gas Renovable, un proxecto piloto de produción de biometano para a súa utilización en mobilidade que xa es capaz de subministrar combustible a vehículos dedicados e duais e que proximamente poderá inxectar gas renovable á rede.

Máis información: Circularweekend

2019-12-02T19:16:05+01:0022/11/2019|Actualidade|Comentarios desactivados en Edar Bens SA, protagonista do Circularweekend Coruña 2019