Edar Bens SA presenta a Unidade Mixta de Gas Renovable no Foro de SER A Coruña 2030

edar-bens-movilidad-fuentes-energia

O director da empresa de depuración destaca a utilidade do gas de orixe renovable como complemento á mobilidade eléctrica.

A Unidade Mixta de Gas Renovable desenvolvida por Naturgy e Energy Lab nas instalacións de Edar Bens SA foi un dos proxectos presentados no Foro organizado pola Cadena SER para debater sobre novas fontes de enerxía e sistemas de mobilidade.

No foro, celebrado no auditorio Fundación Abanca, o director xeral de Edar Bens SA, Carlos Lamora, destacou as posibilidades do gas de orixe renovable como o que se valoriza na planta de tratamento de Bens tanto para o seu uso na mobilidade como para a inxección na rede destinada aos fogares. A Unidade de Gas Renovable Mixta da depuradora de Bens, pode chegar a producir biometano suficiente para 75 vehículos lixeiros cunha autonomía diaria de 100 km; 8 autobuses urbanos con autonomía diaria completa ou para cubrir o gasto enerxético anual de 360 ​​vivendas.

Lamora destacou tamén que proxectos como a Unidade Mixta poñen en valor a innovación no sector público, favorecen o desenvolvemento económico e son un exemplo de economía circular.

Máis información:

Nuevas fuentes de energía, combustibles y movilidad en los ‘Foros A Coruña 2030’ (Cadena SER)

Relatorio de Carlos Lamora (Cadena SER)

2019-03-18T12:55:06+01:0015/03/2019|Actualidade|0 comentarios