Edar Bens SA, pioneira en estudos sobre contaminantes en augas residuais da man da UDC

Un dos proxectos de investigación máis importantes que desenvolve na actualidade Edar Bens SA é o que realiza de forma conxunta con o grupo de investigación en Reactividad Química e Fotorreactividade ( REACT!) da Universidade da Coruña para a detección e estudo de contaminantes orgánicos emerxentes nas augas residuais que chegan á planta depuradora de Bens.

Os contaminantes emerxentes ( COEs) son substancias orixinadas pola actividade humana, detectadas só de forma recente grazas ás novas tecnoloxías e sobre os que aínda se descoñecen os posibles efectos sobre os seres vivos e o medio natural: fármacos, pesticidas, hormonas e produtos de coidado e de hixiene persoal; así como colorantes téxtiles de diversas orixes: urbano, rural e industrial.

Un estudo da Universidade do País Vasco nesta mesma liña recolle algúns dos resultados dunha biomonitorización similar á que realiza o proxecto conxunto de Edar Bens e a UDC.

Máis información: 

2019-04-30T09:23:24+01:0025/04/2019|Actualidade|0 comentarios