Edar Bens SA entrega 5600 pantallas de protección para persoal municipal, voluntarios e máis dunha vintena de entidades sociais da Coruña

A empresa pública Edar Bens SA, que depura as augas residuais de A Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros, xestionou a fabricación e entrega de 5.600 pantallas de protección individual para que os cinco concellos aos que da servizo as repartan entre o seu persoal municipal, os voluntarios de cada concello  e outras entidades sociais.

As pantallas servirán para facilitar o traballo e protexer a persoas que nestes días de confinamento realizan tarefas esenciais de atención a dependentes ou a colectivos especialmente vulnerables, como anciáns, discapacitados ou persoas sen recursos. Entre estes colectivos están os voluntarios do Concello de A Coruña e os integrantes de servizos municipais como a Policía Local, o SEMUS, o equipo Hábitat, a Casa de Acollida, o equipo de atención ás vítimas de violencia de xénero, CIM, o departamento de Medio Ambiente e, en xeral, o funcionariado municipal que poida estar en contacto con grupos de risco.

A Policía Nacional e a Garda Civil tamén recibiu algúns destes elementos de protección realizados pola empresa ARLIT S.L., con sede en Silleda, que nun tempo récord realizou o deseño técnico e modificou a súa maquinaria e o proceso produtivo habitual para fabricalas.

Así mesmo, entre as entidades que recibiron as máscaras están a Cocina Económica, Cáritas, Fundación Padre Rubinos, Sor Eusebia, Renacer, Boanoite, Potenciemos, Secretariado Gitano, Betania, Santa Lucía, Antonio Noche, ACCEM, Fundación Amigo, Casco, centro Oncolóxico de Galicia, Aspace, RAM Oleiros, RAM Torrente Ballester, CAPD Santiago Apóstol, Asociación Española Contra el Cáncer e as residencias de anciáns de A Zapateira e a Cidade Vella.

EDAR Bens entrega 5.600 pantallas de protección a concellos y entidades (La Opinión de A Coruña)

Xeal donará 10.000 batas y la Edar de Bens entregará 5.600 pantallas de protección (Galicia Press)

2020-04-08T11:41:16+01:0001/04/2020|Actualidade|Comentarios desactivados en Edar Bens SA entrega 5600 pantallas de protección para persoal municipal, voluntarios e máis dunha vintena de entidades sociais da Coruña