Edar Bens SA colaborou co proxecto COWARE sobre co-dixestión anaerobia

29 de febreiro de 2016. A planta depuradora de Edar Bens SA colaborou co proxecto COWARE, que se pechou despois dun ano e medio de investigación sobre a co-dixestión anaerobia aplicada a diversos sectores. O proceso realizouse a través dunha tecnoloxía que permite tratar os residuos orgánicos e obter ao mesmo tempo produtos con propiedades fertilizantes, como o biogás e o dixestato.

O proxecto COWARE, financiado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) e promovido pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e CETaqua, contou cun orzamento de 1,2 millóns de euros. A investigación probou que se pode reducir nun 12% o consumo enerxético en industrias e depuradoras, despois de ser testada en dúas plantas piloto situadas na depuradora de Edar Bens SA e na fábrica láctea Acolact.

Ligazón relacionada:

COWARE demuestra la viabilidad de la co-digestión anaerobia en diferentes sectores (iAgua)

2018-10-18T18:01:11+00:0029/02/2016|Actualidade|0 comentarios