Edar Bens SA certifica a calidade e a sustentabilidade da xestión da depuradora da Coruña

Edar Bens SA, a empresa pública supramunicipal que realiza a depuración das aguas residuais e o saneamento da Coruña, Cambre, Culleredo e Oleiros obtivo os certificados conforme ás normas
ISO 9001 e ISO 14001 que outorga a Asociación Española de Normalización e Certificación (Aenor).

A certificación conforme á norma ISO 9001 reflicte que a planta depuradora de Bens dispón dun sistema de xestión da calidade para as actividades de explotación, mantemento e conservación de instalacións depuradoras de augas residuais, emisario submarino e control de vertidos. Pola súa parte, a norma ISO 14001 certifica que a depuradora de Bens dispón dun sistema de xestión ambiental para ditas actividades.

“A adecuación a ámbalas normas ISO reflicte o compromiso de Edar Bens SA coa xestión de calidade, sostible e transparente que debe esixirse a unha empresa pública que realiza un servizo esencial para 400.000 cidadáns de cinco municipios da Coruña”, sinala Carlos Lamora, director xeral de Edar Bens SA.

2019-03-27T13:27:23+01:0002/03/2019|Actualidade|0 comentarios