Edar Bens SA acolle a primeira planta de purificación biolóxica de biometano a escala industrial de España

As instalacións de Edar Bens SA acollen desde hoxe un módulo piloto de purificación biolóxica de biogás, o único de España e un dos poucos que existe no mundo. A nova planta forma parte da segunda fase da Unidade Mixta de Gas Renovable, un proxecto de I+D+i que se desenvolve desde 2016 Naturgy, EnergyLab e Edar Bens SA co apoio da Axencia Galega de Innovación GAIN.

A planta de purificación biolóxica utiliza bacterias hidroxenotróficas (arqueas) para a produción de biometano. O novo sistema aproveita os excedentes de CO2  do primeiro módulo da Unidade Mixta, que utiliza unha tecnoloxía de membranas pioneira en España, para obter biometano das augas residuais que se tratan en Edar Bens SA.

“Trátase da xeración dun gas renovable de forma biolóxica, o que supón un fito no ámbito da bioenerxía e da economía circular”, sinala o director xeral de Edar Bens SA, Carlos Lamora. “Este proxecto de investigación sitúa a Coruña e a Galicia na vanguardia da investigación en enerxías renovables e é un exemplo da colaboración entre empresas públicas e privadas para un desenvolvemento sostible.

“É un importante logro que sitúa a Galicia non só como referente de innovación senón tamén como exemplo a seguir en canto a descarbonización. Todo iso grazas á  transformación dun CO2 , que xa de por si ten carácter neutro, nun combustible alternativo e renovable”, segundo os responsables técnicos do proxecto e de EnergyLab, Angela Rodríguez e David Meana.

 

Máis información:

Edar Bens, pionera en la purificación biológica de biometano a escala industrial en España. (La Voz de Galicia)

La depuradora estrena un sistema para obtener biometano de las aguas residuales. (La Opinión A Coruña)

2019-09-09T11:23:49+01:0009/09/2019|Actualidade|Comentarios desactivados en Edar Bens SA acolle a primeira planta de purificación biolóxica de biometano a escala industrial de España