• Ao longo dos próximos meses Cadagua construirá e operará unha planta piloto baseada na tecnoloxía IFAS.

Edar Coruña Aérea

CadaguaEDAR BENS S.A., en colaboración con ACAI Depuración e baixo o asesoramento do experto en biopelículas Luis Larrea, construirá e operará unha planta piloto beseada na tecnoloxía IFAS para eliminar N e P.

Os tratamentos de biopelícula xogan un papel importante na historia da depuración. Hoxe en día, o desenvolvemento de novos Carriers e soportes con alta capacidade de retención de biomasa e excelente comportamento hidráulico, como o fabricado por ACAI Depuración, abren unha oportunidade para dar solución a problemas de ampliacións de EDAR con pouca dispoñibilidade de terreo.

Por outro lado, o desenvolvemento de potentes softwares de modelización de procesos biolóxicos e a crecente capacidade computacional, permítenos xerar modelos dinámicos calibrados e validados con datos reais. Podendo xerar deste modo potentes ferramentas de deseño e predición cun alto nivel de fiabilidade.

Ao longo dos próximos meses Cadagua construirá e operará unha planta piloto baseada na tecnoloxía IFAS, flexible na súa configuración de procesos, para levar ó límite a capacidade da tecnoloxía. Este proxecto é unha aposta firme de Cadagua pola I+D+i e non sería posible sen a colaboración dunha empresa proactiva e innovadora como é EDAR BENS S.A.