Edar Bens recibe un diploma en recoñecemento pola súa labor do Colexio Jesuitinas

Recentemente, Edar Bens SA recibiu un especial agradecemento da Comunidade Educativa de Jesuitinas Coruña.

“Queremos enviaros o noso aplauso e máis sincero agradecemento polo voso traballo, dedicación, esforzo e axuda aos demais durante este tempo de confinamento.

Os nenos e nenas de Jesuitinas saben o labor que estades realizando en beneficio dos demais durante estes días tan complicados. Por este motivo, quérenvos enviar o seu agradecemento e aplauso en forma de debuxos e outórganvos un diploma en recoñecemento. Algún deles dixo  que non todos los heroes levan capa, nin todos os anxos teñen ás, só son persoas sinxelas, pero moi valentes, que temos ao noso redor. Vós sodes os nos anxos e os nosos  superheroes!”

2020-05-18T17:56:26+01:0018/05/2020|Actualidade|Comentarios desactivados en Edar Bens recibe un diploma en recoñecemento pola súa labor do Colexio Jesuitinas