Edar Bens recibiu o galardón da primeira edición do Premio á Innovación do Salón do Gas Renovable de Expobiomasa, polo proxecto desenvolvido xunto ás compañías Naturgy e Energylab: Unidade Mixta de Gas Renovable ( UMGNR).

Esta Unidade Mixta está cofinanciada pola Axencia Galega de Innovación – Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, có obxectivo de potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación. Conta con cinco liñas de investigación, entre as que se atopa a mellora da produción de biogás e xeración de hidróxeno verde. Podes atopar máis información na nosa web.

Varios medios de comunicación fixéronse eco da noticia e Retema é un deles.