Directivos de Nortegás visitan a Unidade Mixta de Gas Renovable posta en marcha en Edar Bens SA

 

Varios directivos de Nortegás, a segunda empresa de distribución de gas de España, visitou as instalacións de Edar Bens SA para coñecer o funcionamento da Unidade Mixta de Gas Renovable posta en marcha coa colaboración de Naturgy y Energy Lab. Nortegás conta con 8.100 quilómetros de rede para distribuír gas natural e GLP a máis dun millón de puntos de subministro nas comunidades do País Vasco, Asturias e Cantabria.

Acompañados polo director xeral de Edar Bens SA, Carlos Lamora, e o responsable do proxecto por parte de Energy Lab, David Meana, os directivos de Nortegás recibiron información sobre os traballos de optimización do biogás que se xeran no proceso de depuración de augas residuais para facer posible o seu uso como combustible en forma de biometano.

O proxecto, que se desenvolve nas instalacións da depuradora de Bens, é o primeiro de España que utiliza a tecnoloxía de membranas para realizar o upgrading do biogás xerado en una EDAR.

 

2019-07-01T18:22:24+01:0021/06/2019|Actualidade|0 comentarios