A variante delta supera xa á súa predecesora, a británica, e actualmente ocupa “aproximadamente” un 45% da carga viral das mostras analizadas polos investigadores de CovidBens. Segundo o último informe elaborado por esta entidade correspondente ás mostras recollidas o 9 de xullo, o rápido ascenso dos casos débese a que a cepa é moito máis contaxiosa.

Variante delta predominante Coruña

Imaxe: La Opinión de Coruña

A coordinadora de CovidBens, microbióloga do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña ( Inibic) Margarita Poza, afirma que “A gran novidade desta semana é que a variante delta superou á alfa e é xa a dominante nas augas residuais da cidade da Coruña e a súa contorna, e ocupa xa un 45% da carga de virus” nas augas residuais coruñesas, mentres que a presenza de alfa, orixinaria de Reino Unido, “está ao redor dun 40%”.

Os medios xa se están facendo eco da noticia, entre eles La Opinión de Coruña.