Numerosos medios de comunicación, como La Voz de Galicia, fanse eco do traballo realizado polo equipo de investigación que desenvolve os seus traballos nas instalacións de Edar Bens.

CovidBens atopa a variante india

La Voz de Galicia, 21 de xuño de 2021

O proxecto CovidBens, que desde abril de 2020 analiza a presenza do virus nas augas residuais da Coruña e a súa área metropolitana demostrou a súa fiabilidade para detectar e secuenciar con ata un mes de antelación as distintas variantes debidas á mutación do virus. Isto consolida o estudo como unha ferramenta eficaz de alerta temperá e a Edar Bens SA como centinela da evolución da pandemia.

A investigación que leva a cabo un equipo multidisciplinar de científicos dirixido pola doutora Margarita Poza, tivo eco nos últimos días en numerosos medios de comunicación locais e de ámbito nacional, así como en publicacións científicas.