PROXECTO COVIDBENS: VARIANTES ATOPADAS

Desde abril de 2021 realizamos vixilancia epidemiolóxica de variantes de SARS-CoV-2 nas augas residuais de EDAR Bens.

SEMANA 7 – 11 DE MARZO DE 2022

Durante os días do 7 ao 11 de marzo de 2022, o equipo recolleu e procesou mostras de augas residuais. O material xenético destas mostras foi extraído e secuenciado posterioremente. Os datos analizáronse en busca das mutacións de vixilancia recomendada pola ECDC (European Centre for Disease Prevention and Control), directrices actualizadas o 11 de marzo de 2022 (https://www.ecdc.europa.eu/en/covid-19/variants-concern).

O equipo de COVIDBENS deseñou un método estatístico que permite determinar a frecuencia das variantes na poboación a partir dos datos de augas residuais. Os resultados obtidos mediante dito método pódense ver na seguinte figura e táboa

Na seguinte figura preséntase a evolución na porcentaxe das variantes atopadas nas mostras de augas residuais desde mediados de maio de 2021 ata actualidade. Pódese apreciar a irrupción da variante ÓMICRON (B.1.1.529) na comarca da Coruña.

Evolución da porcentaxe de variantes desde mediados de maio ata a semana do 7 ao 11 de marzo de 2022

FIGURA. PORCENTAXE DAS VARIANTES DE SARS-CoV-2 ATOPADAS NAS MOSTRAS DE AUGA RESIDUAL DA ÁREA METROPOLITANA DA CORUÑA (PROCEDENTES DE 400.000 HABITANTES) DESDE MEDIADOS DO MES DE MAIO ATA A ACTUALIDADE. No eixe X indícanse a data de recollida das mostras e no eixe Y a porcentaxe das variantes de SARS-CoV-2 en ditas mostras de auga residual. Cada variante se representa por unha cor diferente.

Na seguinte táboa faise referencia ás variantes atopadas nas mostras de augas residuais da última semana, así como ás súas características principais, segundo criterios da ECDC.

Listaxe das variantes atopadas polo equipo COVIDBENS nas mostras dos días do 7 ao 11 de marzo de 2022, a súa orixe e a súa clasificación segundo criterios da European Centre for Disease Prevention and Control (ECDC) actualizados o 11 de marzo de 2022 (https://www.ecdc.europa.eu/en/covid-19/variants-concern). Indícase se hai evidencias do efecto das mutacións sobre a capacidade de transmisión do virus (transmisibilidade), sobre a gravidade da enfermidade que causa, e sobre o escape á resposta inmunitaria adquirida tras a infección natural ou xerada por algunhas vacinas. Na frecuencia indícase a porcentaxe de cada variante na poboación.

Táboa variantes semana do 7 ao 11 de marzo de 2022

CONCLUSIÓNS

En conclusión, os resultados nas augas residuais dos días do 7 ao 11 de marzo de 2022 amosan que a variante B.1.1.529 (ÓMICRON; Suráfrica e Botsuana) atópase ao 99 % e a variante B.1.617.2 (DELTA; India) atópase ao 1 % no conxunto dos cinco concellos que verten a Bens.

Os procesos característicos da secuenciación de SARS-CoV-2 en augas residuais poderían afectar as frecuencias de aparición de mutacións. Ademais, as asociacións de mutacións a variantes están baseadas nos xenomas depositados en GISAID en cada momento. Este método non está libre dos rumbos de publicación de GISAID, que non contén a totalidade dos xenomas e variantes existentes na poboación a tempo real, o que podería afectar as conclusións do presente estudo.

SISTEMA DE ALERTA PERSONALIZADO

Enche o formulario cos teus datos persoais para que che avisemos sempre que actualicemos os datos.

    Nombre y apellidos (requerido):
    Correo electrónico (requerido):
    Código Postal: