BASE CIENTÍFICA

O coronavirus SARS-CoV-2 é capaz de unirse á receptores ACE2 presentes en gran variedade de células do noso organismo, incluíndo ás células intestinais. Por iso, as persoas infectadas excretan virus nas feces, teñan ou non síntomas, desde as fases temperás da colonización nasofarínxea ata mesmo un mes despois de dar negativo nos tests diagnósticos.

Neste momento non é posible realizar tests diagnósticos a toda a poboación, polo que a posibilidade de determinar a cantidade de virus nas augas residuais establécese como unha arma moi potente e robusta que permite usar as depuradoras como sentinelas da epidemia e como ferramentas eficaces de alerta temperá para predicir brotes. Por este motivo, EDAR Bens funciona agora como sentinela da epidemia.

A metodoloxía do proxecto comprende catro grandes bloques que se poden englobar en; 1) deseño experimental, mostraxe e procesamento das mostras, 2) bioloxía molecular e determinación da carga viral, 3) integración de datos e 4) desenvolvemento de modelos estatísticos.

Os modelos estatísticos paramétricos, non paramétricos e semiparamétricos de COVIDBENS son capaces de estimar o número total de persoas infectadas en toda a poboación da área metropolitana, a partir da carga viral (número de copias de ARN do virus por litro) detectada na auga residual que chega á depuradora, explicando preto do 90% da variabilidade.

EQUIPO DE TRABALLO

O proxecto COVIDBENS está coordinado pola Dra. Margarita Poza, microbióloga investigadora do INIBIC e Profesora da UDC e por Carlos Lamora, Director Xeral de EDAR Bens. O Dr. Ricardo Cao dirixe ao equipo de estatísticos e a Dra. Susana Ladra ao equipo de enxeñeiros informáticos.

O equipo COVIDBENS está conformado polos investigadores da Universidade da Coruña (UDC) e do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC) de diferentes disciplinas, investigadores da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e da Universidade de Vigo (UVigo) e persoal de EDAR Bens.

MICROBIÓLOGOS do CHUAC-INIBIC e UDC

  • Dra. Margarita Poza
  • Dr. Juan A. Vallejo
  • Dra. Soraya Rumbo
  • Dr. Germán Bou
  • Kelly Conde
  • Noelia Trigo
  • Mohammed Nasser

ENXEÑEIROS INFORMÁTICOS/BIOINFORMÁTICOS do CITIC, UDC

  • Dra. Susana Ladra
  • Dr. José R. Paramá
  • Borja Freire
  • Elisa Fernández
  • Iago Iglesias Corrás
  • Elena Boade
  • Adriana Anido

ESTATÍSTICOS do CITIC, UDC

  • Dr. Ricardo Cao
  • Dr. Javier Tarrío
  • Dra. Inés Barbeito
  • Dr. Ignacio López de Ullibarri
  • Manuel Vaamonde
  • Ángel Oriona

BIÓLOGOS E BIOINFORMÁTICOS do CINBIO, UVIGO

  • Dr. David Posada
  • Pilar Gallego
  • Laura Tomás

QUÍMICO do CIQUS, USC

  • Dr. Rubén Reif

ENXEÑEIROS INDUSTRIAIS DE DIAGNOSTIQA E CADAGUA

  • Francisco Pérez López
  • Javier Martínez Seijas

TÉCNICOS DE CADAGUA

  • Cristina Rodríguez
  • Javier Fernández
  • José Manuel Lobelos
  • Carlos Varela

ENXEÑEIROS DE CAMINOS GEAMA, UDC

  • Joaquín Suárez
  • Alfredo Jácome
  • José Pajarrón-Puga

COLABORADORES

  • Andrés Paz-Ares, Xurxo Hervada, María Isolina Santiago, Alberto Malvar, DXSP
  • Amalia Jácome, Ana López-Cheda, Rebeca Peláez, Wende Safari, MODES – CITIC
  • Miguel R. Luaces, Alejandro Cortiñas, LBD – CITIC
  • Fernanda Rodríguez, SAI
  • Ángeles Cid, Grupo de Microalgae, Facultad de Ciencias
  • Antón Acevedo, Consellería de Política Social, XUGA
  • Laura Larriba, SERGAS
  • NORMAN European Network for ‘Collaboration in the time of Covid19’
  • European Virus Archive Global (EVA-GLOBAL)