Loading...
COVID-192021-01-22T16:29:17+01:00

PROXECTO COVIDBENS

En colaboración cun equipo de investigación da Universidade da Coruña e outras entidades científicas, a empresa pública Edar Bens SA puxo en marcha un proxecto que analizará a presenza do virus nas augas residuais que chegan á planta depuradora de Bens. A mostraxe permite coñecer o grao de incidencia na poboación do SARS-Cov-2, causante da pandemia do COVID-19, e previr futuros brotes. Trátase dun proxecto de investigación que realiza un equipo multidisciplinar -que inclúe microbiólogos, enxeñeiros, matemáticos, informáticos e químicos- da UDC, o INIBIC, o CHUAC, o CITIC e o CICA

DESCARGA O INFORME

Seguridade

A aparición do coronavirus causante do COVID-19 no mes de decembro de 2019 creou un escenario de pandemia mundial que require a adopción de medidas preventivas e accións excepcionais para frear o seu avance. Isto implica a previsión de escenarios e o deseño dos protocolos necesarios para afrontar as distintas situacións coa maior eficacia posible. A Empresa Pública Supramunicipal Edar Bens SA puxxo en marcha un plan de continxencia que permite garantir o servizo aos veciños de A Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros e ao tempo protexer aos seus traballadores.

Plan de contigencia Edar Bens S.A

Responsabilidade Social

Consciente do seu compromiso social, a empresa pública Edar Bens SA xestionou a fabricación e entrega de 5.600 pantallas de protección individual para que os cinco concellos aos que da servizo as repartan entre o seu persoal municipal, os voluntarios de cada concello e outras entidades sociais. As pantallas servirán para facilitar o traballo e protexer ás persoas que nestes días de confinamento realizan tarefas esenciais de atención a dependentes ou a colectivos especialmente vulnerables

Edar Bens SA entrega 5.600 pantallas de protección individual