Contaminantes Persistentes2018-10-18T15:52:32+01:00

CONTAMINANTES PERSISTENTES

Edar Bens SA mantén un proxecto conxunto co grupo de investigación en Reactividade Química e Fotorreactividade (REACT!) da Universidade da Coruña para a detección e estudio de contaminantes orgánicos emerxentes nos efluentes que recibe a planta de tratamento de augas residuais de Bens.

Os contaminantes emerxentes (COEs) son substancias orixinadas pola actividade humana, detectadas grazas ao desenvolvemento de novas tecnoloxías e sobre os que aínda se descoñecen os posibles efectos sobre os seres vivos e o medio natural. Entre os COEs presentes nas augas naturais atópanse  fármacos, pesticidas, hormonas e produtos de coidado e de hixiene persoal; así como colorantes téxtiles de diversos orixes: urbano, rural e industrial.

Moitos COEs non están regulados por lei, ou ben a súa regulación é incipiente e fixa límites de concentración moi elevados que non se alcanzan actualmente, pero que poden supoñer problemas graves no futuro.

A maioría dos COEs son, ademais, persistentes. É dicir, resisten con éxito os procesos tradicionais de tratamento de augas e, como consecuencia, estanse acumulando no medio e bioacumulando nos seres vivos.

En liña coas directrices da Unión Europea, os obxectivos deste proxecto de colaboración entre Edar Bens SA e o grupo de investigación en Reactividade Química e Fotorreactividade (REACT!) da Universidade da Coruña son:

  • Detectar e analizar os COEs presentes nas augas que chegan a EDAR-Bens
  • Caracterizar os COEs que están presentes nas augas que saen de EDAR-Bens tras o tratamento completo de depuración na planta.
  • A partir dos valores obtidos, intentar desenvolver un sistema de alerta temperá.
Ver outros proxectos de I+D+i