Unha recente auditoría realizada por Augas de Galicia referendou o bo funcionamento da depuradora de Bens, a principal instalación de tratamento de augas residuais da empresa pública supramunicipal Edar Bens SA. A depuradora da servizo aos municipios da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros, o que supón unha poboación de máis de 400.000 habitantes. Ademais das tarefas de tratamento de augas residuais, na depuradora de Bens desenvólvense importantes proxectos de investigación, como a Unidade Mixta de Gas Renovable en colaboración con Naturgy e Energy Lab, o proxecto de detección e estudio de contaminantes persistentes da man da Universidade da Coruña.