Loading...
As instalacións2018-10-19T20:47:16+00:00

QUE É UNHA EDAR?

Unha estación de depuración de augas residuais (EDAR) é unha instalación que limpa e trata as augas residuais urbanas para que poidan ser devoltas ao medio natural.

A auga que se verte á rede de sumidoiros, unha vez utilizada nas casas e nas industrias, contén restos de necesidades fisiolóxicas, aceites, restos de comida, xabóns, deterxentes… Estas augas contaminadas deben depurarse antes de ser devoltas ao medio natural para preservar o equilibrio ecolóxico.

Edificio de control e persoal. / Edificio de control y personal.

COMO FUNCIONA?

As augas residuais chegan á EDAR a través dos túneles de Elviña e Riazor e pasan por un primeiro proceso de peneirado, para eliminar os residuos sólidos de máis tamaño, e outro de aireado, para separar as areas e as graxas.

As augas pretratadas sométense a un segundo proceso onde por gravidade son eliminados os sólidos en suspensión.

Á auga libre de areas e graxas insúflaselle aire. Esta inxección de osíxeno favorece o crecemento de microorganismos presentes na auga que se alimentan da contaminación biolóxica disolta e contribúen á súa depuración.

Nesta fase sepárase a auga tratada e a lama xerada no proceso biolóxico.

Antes de devolver a auga ao mar a través do emisario, utilízanse raios UV (similares aos do sol) para garantir que a auga é apta tanto para o baño coma para a fauna mariña.

A lama sepárase da auga, peneirase e espésase antes de sometela a un tratamento con calor e ausencia de osíxeno. Neste último proceso xérase gas metano, que se aproveita como enerxía para a propia EDAR. A deshidratación e secado das lamas da lugar a un residuo seco apto para a agricultura ou a combustión

A auga, unha vez depurada, vértese ao mar a través dun túnel de 900 metros de lonxitude con 14 difusores que dilúen o vertido para respectar o medio mariño.

PLANO DA REDE

COMO FUNCIONA UNHA DEPURADORA

VISITA VIRTUAL INTERNA

VISITA VIRTUAL EXTERNA

GALERÍA DE IMAXES