As alumnas do Colexio Montespiño coñecen as intalacións da Edar

A Coruña, 30 de abril de 2019. A Edar Bens SA continúa recibindo visitas nas súas instalacións para divulgar os importantes labores levados a cabo e que prestan servizo na cidade da Coruña e toda a súa área metropolitana. Esta mañá, as visitantes foron un grupo de 17 alumnas de primeiro de Bacharelato do Colexio Montespiño. As mozas puideron coñecer o funcionamento da planta depuradora acompañadas do persoal de cada un dos departamentos.

As alumnas amosaron o seu interese polas diferentes fases do ciclo urbano da auga e tomaron conciencia da importancia de aplicar boas prácticas no uso da auga para asegurar a protección do medio ambiente.

colegio-montespino-edar-bens

Visita a EDAR BENS – 30 de abril de 2019

 

 

 

2019-04-30T16:12:38+01:0030/04/2019|Visitas|Comentarios desactivados en As alumnas do Colexio Montespiño coñecen as intalacións da Edar