A Coruña, 5 de maio de 2022. Este xoves 5 de maio 23 alumnas e varias profesoras do centro CIFP Anxel Casal puideron coñecer e comprobar como funciona a planta depuradora de augas residuais Edar Bens.

A clase tivo unha gran participación, interesándose na maneira na que poden colaborar para evitar que cheguen residuos non desexados ás instalacións da Edar. Para finalizar a sesión formativa, obsequióuselles cunha camiseta e un folleto informativo.

CIFP Anxel Casal

CIFP Anxel Casal