Alumnos do IES Adormideras visitan a depuradora de Bens

A Coruña, 8 de xaneiro de 2020. Os estudantes de 4º de ESO e 1º de Bacharelato do IES Plurilingüe Adormideras coñeceron esta mañá as instalacións da planta depuradora de Bens.

Os alumnos acompañados dos técnicos de cada departamento recorreron as instalacións da planta para coñecer de primeira man o seu funcionamento. Os profesionais explicáronlles os procesos químicos levados a cabo nela e insistiron na importancia dunha boa xestión dos residuos domésticos.

2020-01-08T17:12:41+01:0008/01/2020|Visitas|Comentarios desactivados en Alumnos do IES Adormideras visitan a depuradora de Bens