A Coruña, 11 de maio de 2022. Alumnado do CPR Maristas da Coruña acudiu ás instalacións da Edar Bens como parte da serie de visitas que ten programadas o centro educativo para o presente mes de maio.

O grupo de 20 estudantes coñeceu a importante labor que se realiza desde a empresa supramunicipal, na que se depura a auga residual dos concellos da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros, e se fan investigacións de diversa índole que, entre outras cuestións, foron moi efectivas á hora de predicir posibles gromos durante a crise sanitaria da covid-19.

3-eso-maristas-2

3-eso-maristas-3

3-eso-maristas-1