A Coruña, 10 de maio de 2022. Un grupo de 24 estudantes da ESO do CPR Maristas Cristo Rey  da Coruña, acompañados por un profesor, visitou as instalacións da Edar Bens, onde puideron coñecer o funcionamento da planta depuradora.

Desta forma, comprobaron en primeira persoa en qué consiste o proceso de depuración das augas residuais e o gran impacto positivo que xera no medioambiente. Ademais, cada alumno recibiu unha guía informativa, un caderno de actividades e unha camiseta a modo de agasallo co que continuar aprendendo da man da Edar Bens.

CPR Maristas ESO

CPR Maristas ESO