A Coruña, 19 de maio de 2022. Un grupo de alumnos e alumnas do CPR Maristas da Coruña visitou a Edar Bens como parte complementaria da súa formación acerca do ciclo da auga, a xestión de residuos e o coidado do medio ambiente.

Os estudantes recibiron unha charla informativa sobre estas cuestións, na que tamén se lles animou a participar activamente no proceso de depuración da agua a través de pequenos xestos no día a día, como pode ser depositar o aceite usado en cotedores da iniciativa RecollEdar ou non tirar á vía pública produtos de plástico que terminan nos sumidoiros.

Despois da presentación, os alumnos coñeceron os diferentes procesos que conforman a planta depuradora da Edar Bens cunha visita guiada, que rematou coa entrega dunha camiseta e un caderno co que seguir aprendendo sobre a labor que se desempeña nas instalacións da empresa pública supramunicipal.

maristas-19-mayo

maristas-19-mayo-2

maristas-19-mayo-1