A Universidade da Coruña destaca a súa colaboración con Edar Bens SA

24 de outubro de 2019. A empresa supramunicipal de depuración de augas residuais Edar Bens SA e a Universidade da Coruña estreitan lazos co fin de reforzar a relación universidade-empresa no ámbito de I+D+i.

Actualmente, ambas instituciones están inmersas en diversos proxectos de colaboración, desde o estudo de contaminantes emerxentes, a busca de indicadores para unha xestión eficiente da auga e a representación de Edar Bens SA no Comité Asesor Ciencífico Externo da Agrupación Estratégica CITEEC.

O grupo de investigación REACT! e a empresa supramunicipal de depuración de augas residuais estudian os contaminantes orgánicos emerxentes que recibe a planta de Bens. A Universidade da Coruña (UDC) destaca na súa páxina web o proxecto que desenvolve  en colaboración con Edar Bens SA para detectar e caracterizar os contaminantes emerxentes presentes nas augas residuais cando chegan á depuradora de Bens e cando saen tras o tratamento biolóxico.

Edar Bens SA e a Fundación Universidade da Coruña buscarán fórmulas de apoio aos Concellos para controlar os vertidos de augas residuais de carácter industrial á rede de sumidoiro. A empresa supramunicipal de depuración de augas residuais Edar Bens SA e a Fundación Universidade da Coruña firmaron un novo convenio que consolida a estreita colaboración en actividades de I+D+i que manteñen ambas entidades. Grazas a este novo acordo, a sección de Enxeñaría Sanitaria e Ambiental do GEAMA, grupo de investigación integrado na Agrupación Estratéxica CITEEC, realizará unha serie de estudios para apoiar aos concellos no control dos vertidos de augas residuais de carácter industrial ás redes de sumidoiro, así como a desenvolver unha serie de indicadores para conseguir unha xestión integrada eficiente. Estes indicadores tamén permitirán informar sobre o cumprimento do Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) número 6 na cidade e avanzar no desenvolvemento dunha estratexia de reutilización planificada de auga residual na comarca.

Edar Bens SA, presente en Comité Asesor Científico Externo da Agrupación Estratégica CITEEC. O pasado 27 de setembro tivo lugar a constitución e primeira reunión do Comité Asesor Científico Externo da Agrupación Estratéxica CITEEC (Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil da Universidade da Coruña). O Comité Asesor Científico Externo, do que forma parte o director xeral de Edar Bens SA, Carlos Lamora, está constituído por representantes institucionais e empresariais vinculados coas prioridades científicas da Agrupación. Entre as súas funcións está asesorar sobre a estratexia xeral da Agrupación, reforzar o vínculo co tecido empresarial e favorecer fórmulas de colaboración no ámbito da I+D.

2019-11-13T09:48:10+01:0024/10/2019|Actualidade|Comentarios desactivados en A Universidade da Coruña destaca a súa colaboración con Edar Bens SA