A UAB prepara unha planta piloto de depuración de augas capaz de xerar enerxía

2 de febreiro de 2016. A modo de proba piloto, o Departamento de Enxeñaría Química, Biolóxica e Ambiental da Universitat Autònoma de Barcelona (UAB) puxo en marcha un proxecto para a construción dunha depuradora de augas residuais urbanas coa capacidade de xerar enerxía. Trátase dunha iniciativa que se encadra dentro do programa ‘Life-Saving-E’, impulsado pola Unión Europea.

O proxecto da UAB prevé chegar a unha produción de nove quilovatios por hora e habitante, a través desta proba, que se realizará con augas residuais reais e que empregará toda a materia orgánica do proceso de depuración para producir o biogás e eliminar o nitróxeno de forma autótrofa mediante un novidoso sistema. Nun prazo de tres a catro anos, agárdase que se poida aplicar esta nova tecnoloxía, unha vez confirmada a súa eficacia na planta piloto.

Ligazón relacionada:

En marcha unha planta piloto de depuración de augas capaz de xerar enerxía (iAgua)

2018-10-18T17:54:48+00:0002/02/2016|Actualidade|0 comentarios